Escoitar

Profesionais do ámbito das drogodependencias analizan novas estratexias para paliar a adicción

Nas V Xornadas do Plan Local sobre dropodependencias e outras adiccións , que se desenvolve no Verbum, os días 23 e 24 , presentouse un estudio epidemiolóxico sobre a materia nas persoas xoves de 14 e 21 do municipio de Vigo. O estudio elaborado polo catedrático de psicoloxía clínica da Universidade de Santiago, Elisardo Becoña, indica que Vigo non se diferencia doutras cidades do nosos entorno e que a ruta que sigue a adicción é alcohol, tabaco, cannabis, cocaína.

mércores, 23 nov 2005
1132755118drogo.jpg
O documento financiado pola Fundación Pedro Barrié para o Plan de Drogas de Vigo aporta datos científicos que servirán para que os profesionais e mediadores sociais podan desenvolver accións de intervención e prevención a corto e medio prazo para reducir os problemas que presentan as persoas con dependencia.

O estudio realizouse a 500 persoas de entre 14 e 21 anos; 340 nais e 108 mestres, nel recóllense datos de frecuencia no consumo e sustancias ; así como outros elementos de adicción como o uso do teléfono móbil, internet e compras.

A xornada continuará o día 24 coa avaliación do Plan 2002-2004 e un relatorio de experiencias sobre o impacto do consumo excesivo de alcohol nas demandas ante os servizos sociais; reducción de danos; obradoiro de saúde e convivencia para persoas con problemas de drogas e prostitución, entre outros asuntos.
Descargar todas as imaxes