O ciclo "A formación de públicos no Are More" presenta a ópera "A Cenicienta" <br />
O estreno en España da ópera "A Cenicienta" é a obra elexida para pechar o ciclo "A formación de públicos no Are More" os vindeiros 25 e 26 de novembro no Teatro Fraga-CaixaGalicia, baixo a dirección musical de Aurelio Viribay e a dirección de escena de Alberto de Miguel.
O desenvolvemento deste ciclo "A formación de públicos no Are More" conta coa colaboración da Universidade de Vigo e en especial do vicerreitorado de Extensión Universitaria.
Así, o venres 25 de novembro terán lugar os concertos dirixidos ao público escolar, nunha dobre quenda: ás 10.30 e as 12.30 horas, e neles participarán máis de 1.500 escolares de diversos centros de Vigo e a súa área de influenza, como poden ser o Celso Emilio Ferreiro, o Eduardo Pondal, o Chans-Bembrive ou Canicouva, entre outros.
Pola súa banda o concerto destinado ao público familiar, para o cal xa están esgotadas as entradas, será o sábado 26 de novembro ás 18.00 horas.
A lenda da Cenicienta é, posiblemente, o conto de fadas máis popular do mundo, do cal se coñecen máis de setecentas variantes. A súa orixe provén da tradición chinesa e aproximadamente no século IX é recollido en Europa seguindo a tradición oral. Unha delas, que na actualidade é a máis coñecida, é a divulgada por Perrault no século XVII, quen engade o capítulo da fada madriña que axuda a Cenicienta a lograr o seu soño de ir ao baile, así como o desenlace final grazas ao zapato de cristal.
A autora da opereta e do libreto, Pauline Viardot, realiza a súa adaptación do conto popular tendo en conta as versións operísticas feitas anteriormente por Rossini e Massenet, coas que a propia Pauline triunfou na súa etapa de cantante. En liñas xerais, este conto trata do tiunfo do amor verdadeiro entre unha rapaza humilde e un xoven que oculta a súa identidade de príncipe co fin de atopar a esposa que o queira pola súa calidade humana, e non polo seu título.
O director de escena, Alberto de Miguel, formouse con William Layton, José Carlos Plaza e Arnold Taburelli. Entre os seus traballos en teatro destcan as montaxes "Hamlet", "As comedias bárbaras", "Noite de reis", "Medea". Ademais de realizar traballos para cine e televisión, ten colaborado en produccións de ópera como "O empresario" de Mozart, e "A nai convida a xantar" de Luis de Pablo. Coa compañía Arte Ópera realizou a dirección da obra "Cosi fan tutte" de Mozart, así como a revisión e posterior dirección de "La serva padorna" de Pergolesi e "Amahl e os visitantes nocturnos" de Menottti, e algunhas creacións propias como "Verdi unha vida adicada á ópera" e "Amadeus, o amado dos deuses".
En canto ao director musical Aurelio Viribay, recibiu a súa formación musical en España, Francia e Austria, e especializouse en música de cámara e o acompañamento vocal. Foi o pianista das mastercalasses impartidas por cantantes como Thomas Quasthoff no Mozarteum de Salzburgo, Teresa Berganza na Escola de Música Reina Sofía, Marimí del Pozo e María Orán nos cursos universitarios de música española en Santiago de Compostela e Isable Penagos na Universidade de Deusto. Ademais, colabora como pianista oficial nos concursos internacionais de canto Das Schubert de Viena, Francisco Viñas de Barcelona, Joaquín Rodrigo de Madrid, Julián Gayarre de Pamplona e o Concurso Internacional de Canto de Bilbao. Foi profesor de repertorio vocal no Conservatorio e na Hochschuke für Musik de Viena de 1995 a 1997 e dende 1998 é profesor de repertorio vocal na Escola Superior de Canto de Madrid.Ten recibido diversos premios, como o Generalitat de Catalunya do Concurso Pianístico Joan Massiá de Barcelona, Xuventudes Musicais de Albacete ou Premio Coleman de Música de Cámara en Santiago de Compostela.Realizou gravacións para RNE e RTVE e coa mezzosoprano Marta Knörr editou un cedé, publicado pola Comunidade de Madrid, con cancións de compositores españois da xeración da República.
Descargar todas as imaxes