Escoitar

A Policía Local premia a Protección Cicil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil recibirán o "Salacot de Honor" que concede a Policía Local de Vigo desde o ano 2002 como recoñecemento ás persoas e institucións que se signifiquen polos valores do lema da cidade "Fiel, Leal, Valerosa e sempre Benéfica".A distinción entregarase o luns,día 5,no decurso da Gala de Confraternidade da Policía Local que este ano celebrase baixo o lema "Só conséguese aquelo que antes soñouse".

venres, 2 dec 2005
1133533150polis0212.jpg
Na Gala, que se celebrará a partir das 15 horas no restaurante do IFEVI, entregaranse diplomas e medallas aos policías xubilados o presente ano ( Alfonso Javier de Lis , Angel Macías Núñez, José Raul Fernández Rodríguez e Cesar Rodríguez Silva) e a metopa institucional ás familias dos tres policías falecidos tamén este ano ( Manuel Fernández Bastos, José Manuel Pereira Pérez e Fernando Pérez Posada).

A Policía Local premia tamén a entidades colaboradoras como Citroen e El Corte Inglés.
Descargar todas as imaxes