Entrega dos "Premios de Integración" e inauguración do I Certame Pasoarte
Pizza Móvil e a Agrupación Galicia Social son os Premios de Integración 2005 que concede cada ano o Concello de Vigo, a través da concellería de Benestar Social. Estes premios entréganse a aquelas persoas, entidades ou empresas que tiñan traballado a prol da integración das persoas con discapacidade.
O premio consiste nunha placa que recoñece esta labor desenvolvida e entregaranse nun acto que terá lugar o venres, día 2, na Casa Galega da Cultura. Ao acto están convidados ademais dos premiados, a Corporación Municipal, as asociacións de discapacitados da cidade, os membros do Consello Local de Accesibilidade, entre outros.
As propostas dos candidatos ó premio as realizan as asociacións de persoas con discapacidade que integran o Consello Local de Accesibilidade e tras unha votación elíxese o premiado.
Este ano, tras ese proceso, concedéronse dous premios: á empresa PIZZA MÓVIL, no nome do seu director de recursos humanos, D. Alfredo Alcántara, como empresa pioneira na integración das persoas con discapacidade intelectual, garantindo o trato equitativo destas persoas en materia de emprego. Nestes momentos esta empresa ten contratadas dúas persoas con síndrome de Down. A outra entidade premiada é a Agrupación Cultural Galicia Social, que preside D. Luis Martínez Salgado pola súa implicación, sensibilidade e solidariedade polo colectivo de persoas con discapacidade.
O feito de celebrarse na Casa Galega da Cultura é a inauguración neste mesmo acto do I certame Pasoarte, unha exposición colectiva de artistas con algunha discapacidade e artistas de recoñecido prestixio, onde todos e cada un deles amosan as súas capacidades creadoras. Está exposición ten sido promovida por PASOVIGO (plataforma de accesibilidade solidaria de Vigo).
Descargar todas as imaxes