O Concello fomentará cunha campaña a compra responsable de xoguetes
O Concello vai pór en marcha, de cara a este Nadal, unha campaña para a compra responsable de xoguetes. O obxectivo desta iniciativa é concienciar os pais para que lles compren aos seus fillos xoguetes divertidos que favorezan o desenvolvemento persoal e a igualdade entre sexos.
A concelleira Lucía Molares mostrou hoxe venres, durante a presentación da campaña, o seu desexo de que "non haxa ningún condicionamento de xénero á hora de comprar os xoguetes". Unha das premisas fundamentais desta campaña é que os xoguetes deben ser empregados por nenos e nenas indistintamente.
Así, aproveitando a liberdade e espontaneidade do xogo, pódenselle ofrecer aos cativos novos modelos de relación entre xéneros e fomentar valores cívicos como a non violencia, todo isto estimulando a curiosidade e a imaxinación dos nenos e enriquecéndoos como persoas. Ademais, os xoguetes deben ser divertidos, seguros e duradeiros e débense poder usar de moitas maneiras. Que teñan estas características é responsabilidade dos adultos.
Para transmitirlles esta mensaxe aos pais, o Concello distribuirá 7.000 guías didácticas sobre o xogo e os xoguetes na primeira infancia, isto é, do nacemento aos tres anos. Estas guías estarán a disposición dos pais en garderías e colexios. Por outra parte, repartiranse entre centros comerciais e xogueterías máis de 15.000 tarxetóns que, co título de "Elixir xoguetes non é un xogo", informarán sobre a compra responsable de xoguetes.