Escoitar

Ábrese ao tráfico a rúa González Sierra tralas obras de humanización

A rúa González Sierra, no entorno das Travesas, abriuse ao tráfico tralo remate das obras de humanización que executou o Concello de Vigo en colaboración coa Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia cun investimento de 388.199 euros.<br />

xoves, 1 dec 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou , na mañá do xoves, a zona, tanto a rúa González Sierra, como a perpendicular Alfonso X, na que o Concello de Vigo prevé iniciar as obras de mellora en xaneiro de 2006.

As obras de González Sierra iniciáronse o pasado 19 de setembro e consisten na humanización de toda a rúa, tanto da calzada como das beirarrúas, que se renovaron con granito gris alba nun área de 1.800 metros cadrados e ancheáronse ata os 4 metros. Tamén habilitáronse dous zonas para a carga e descarga.

Ademais, coas obra renovouse todo o saneamento e abastecemento nas dous márxenes desta rúa –instaláronse tubarias de fundición de 150 mm-, o alumeado, colocáronse 13 árbores, novas papeleiras, así como 2 illas ecolóxicas soterradas de 4.000 litros cada unha.

A circulación de vehículos por esta rúa mantén o sentido único dirección Gran Vía.

Alfonso X

Corina Porro referiuse durante a visita á vindeira humanización que o Concello de Vigo ten previsto executar na rúa Alfonso X, perpendicular a González Sierra, a partir de xaneiro. Cun orzamento de 90.000 euros, o Goberno municipal renovará e ampliará as beirarrúas –ata 3,5 metros-, ganando espacio para os peóns, nun área de actuación de 900 metros cadrados e cun prazo de execución de 3 meses. Prantaranse 29 camelias, mellorarase a iluminación e renovarase o mobiliario urbano.