O Concello únese aos actos do Día Internacional da SIDA
Membros da Corporación Municipal e cidadáns de Vigo sumáronse aos actos que tiveron lugar hoxe xoves no Concello co gallo do Día Internacional da SIDA, organizados polo grupo de autoapoio "O Imán".
Un mapa de África cuberto de velas brancas, sobre o cal se confeccionou con cravos vermellos un lazo solidario, recordaba no chan da lonxa do Concello a traxedia dos millóns de persoas que padecen a SIDA neste continente. Arredor do mapa, un conxunto de paneis ofrecía información sobre a doenza e suxería respostas aos problemas asociados ao seu contaxio e desenvolvemento, como o rechazo e a exclusión sociais. Presidía este conxunto o lema da Campaña Internacional contra a SIDA 2005-2010: "Deter a SIDA. Manter a promesa".
A alcaldesa, Corina Porro, estivo presente nos actos para apoiar a "O Imán", grupo do que é madriña. No seu discurso, pronunciado na praza do Rei, Corina Porro lembrou que en Vigo aínda se infectan de VIH/SIDA unhas 100 persoas cada ano e que a cantidade de contaxios en Galicia, pese a terse reducido nos últimos anos, converte a nosa comunidade nunha das máis afectadas de España.
Cando a alcaldesa acabou o seu discurso, varios persoas, que como a maioría dos asistentes levaban lazos vermellos, soltaron ao aire numerosos globos. Un grupo de globos formaba un gran lazo vermello.
Na actualidade, máis de 41 millóns de persoas están afectadas polo VIH/SIDA. Combatir esta doenza é un dos Obxectivos de Desenvolvemento da ONU para o Milenio. Así, os 191 Estados Membros da ONU comprometéronse a deter a propagación da SIDA para 2015.
Parece difícil que os países pobres poidan cumprir este obxectivo, mentres que os países ricos corren o risco de baixar a garda fronte á SIDA. De feito, nos últimos anos tense verificado en España un incremento dos contaxios por vía sexual e un repunte dos contaxios por vía parenteral polo uso compartido de agullas ou xeringas.