Escoitar

O Infobús regala cinco billetes de Inter-Rail

A concelleira de Xuventude; Lucía Molares, ven de asinar un convenio con Renfe polo que sortearanse cinco billetes de Inter Rail para disfrutar antes de finais de 2006 entre ás persoas usurarias do Infobús.

xoves, 1 dec 2005
1133443988infobus.jpg
O sorteo é de 1 Billete de Inter Rail de validez de 16 días e a elixir unha zona das posibilidades que ofrece. No caso da zona F: España non entra no billete.De elixir esta opción aplicáraselle un 50% de reducción na viaxe coma país de tránsito ata chegar a Portugal ou Marrocos.

O gañador/a deberá ter unha idade comprendida entre os 17 e 25 anos no momento de realizar a viaxe que deberá acreditar mediante presentación do DNI.

O sorteo terá lugar no INFOBÚS o luns 29 de maio. Nel participarán tódolos cupóns depositados no Infobús ata o 26 de maio.

O cupón recóllese no servizo INFOBÚS. Admítese un único cupón por persoa. A viaxe poderá ser disfrutada polo premiado/a ou no seu caso pola persoa designada por éste.

O Infobús é unha oficina móbil que pretende descentralizar a información que se ofrece na Casa da Xuventude. Dúas persoas son as encargadas de facilitarlles ós mozos vigueses información sobre convocatorias, bolsas, cursos, campamentos, asociacións ou deportes de aventura.
Descargar todas as imaxes