Escoitar

Contacontos na Biblioteca Central

No marco da programación infantil que estase a desenvolver na Biblioteca Pública Central de Vigo, a actividade que ten lugar os sábados, "Cóntame un conto" estará dedicada o día 3 deste mes de decembro ao conto "O pez arcoiris" de Marcus Pfister. As seguintes sesións deste obradoiro serán os días 10 e 17, e estarán dedicadas a adaptación de Tareixa Alonso do conto popular "Xil Moniz" e a adaptación realizada por S. Casal e X. López do conto "O neno mosquito".

venres, 2 dec 2005
1133525528bibliogalego.jpeg
No " O pez arcoiris" destacanse as ideas da amistade e a solidariedade. En canto a "Xil Moniz", trátase dun rapazote lacazán, que o único que facía era andar a diario de paseo, ata que un día atopou un gran de millo e con el empezou o seu gran negocio. En canto a "O neno mosquito" trata dun pai que tiña un fillo tan pequeno como un mosquito e as súas aventuras.

A actividade de contacontos, que se desenvolve na sala infantil da Biblioteca de 11.00 a 12.00 horas, está dirixida a rapaces que teñen entre 4 e 10 anos, malia que normalmente tamén asisten os pais dos nenos.

Contar contos é unha das máis antigas das animacións, e lévase facendo de forma habitual dende o século XIX. Consiste na lectura en alta voz, ou na representación dun conto, malia que tamén se pode proxectar en ví-deo, DVD ou diapositivas.

As historias a contar son múltiples e variadas, tanto historias tradicionais ou contos actuais.

No caso das historias tradicionais, resulta interesante contar coa colaboración dalgunhas persoas de idade que poden contar historias que escoitaron de nenos e a actividade se pode completar con cancións tradicionais, xogos populares, seguro que algúns deles descoñecidos para os rapaces de hoxe.

Os obxectivos a conseguir co emprego dun conto tradicional son moitos, xa que por un lado haberá unha positiva convivencia entre maiores e pequenos, unha recuperación da tradición oral e producirase a animación á lectura, que é o fin básico desta actividade.

Por outra banda, pódense empregar tamén, e a Biblioteca Central o fai, as novidades que saen en literatura infantil e xuvenil, ademais de ter en conta os fermosos contos feitos polos maiores contistas infantí-s da historia da literatura actual, coma poden ser Gianni Rodari ou Roald Dahl.
Descargar todas as imaxes