Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 2 dec 2005
Asuntos que tratará a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria que celebra o luns, día 5, ás 08.30 horas.ASUNTOS

1.- Acta da sesión ordinaria do 21 de novembro de 2005 e da sesión extraordinaria e urxente do 24 de novembro de 2005.

ALCALDÍA
2.- Subvención á Fundación "CUME para el Desarrollo de Culturas y Pueblos", como axuda ao departamento de Escuintla (Guatemala) polo desastre do furacán Stan. Expte. 02660/101.

ASESORÍA XURÍDICA
3.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 143/2005 interposto por D. DIEGO GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ contra desestimación de rec.de reposición en relación coa imposición de sanción por exceso de velocidade (expte. 1041742019). Desestimado.

4.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 95/2005 interposto por D. DANIEL MOREIRAS RODRÍGUEZ contra desestimación por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente (expte. 256/243). Inadmisible o recurso.

5.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 109/05 interposto por D. ENRIQUE VIÑAS ROMERO contra acordo da Xunta de Goberno local do 29.01.05 desestimatorio de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente (expte. 15105/240). Estimado.

6.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a nº 133/2005 interposto por Dª. BEATRÍZ COMESAÑA SOUTO contra desestimación por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente (expte. 351/243). Arquivo do recurso.

7.- Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 97/2005 interposto por D. AMADOR FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ contra desestimación por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial por accidente ( expte. 28/243). Desestimento.

BENESTAR SOCIAL
8.- Proxecto de convenio de colaboración con Cáritas Diocesana Tui-Vigo para a saúde e prevención de drogodependencias na xuventude Cigana-Xitana. Expte. 13066/301.

9.- Prestación de Servizo Axuda no Fogar: alta expte. 21/1377 e proposta denegatoria expte. 21/54.

10.- Prestación de Servizo de Centro de Día para persoas maiores: Alta expte. 22/1542.

11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo departamento de Benestar Social durante os meses de agosto, setembro e outubro. Expte. 13046/301.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
12.- Concesión e denegación de axudas municipais á contratación ano 2005, dentro do PME 2004-2007. Expte. 3508/077.

13.- Dar conta da concesión de subvención global do Fondo Social Europeo para financiar o proxecto "Actívate". Expte. 3246/77.

EDUCACIÓN
14.- Plan de seguridade e saúde das obras de construcción da Escola Infantil municipal na rúa Palencia. Expte. 7217/332.

ELECTROMECÁNICOS
15.- Plan de seguridade e saúde das obras de remodelación das beirarrúas e mellora da Travesía de Vigo, 1ª fase. Expte. 11474/444.

FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
16.- Bases do "XXV Concurso de Rondallas". Expte. 1695/335.

17.- Pagamento dos dereitos de autor á "Sociedad General de Autores y Editores" derivados do programa das "Festas do Cristo da Victoria 2005". Expte 1699/335.

18.- Proxecto de convenio para a colaboración na organización da Cabalgata de Reis 2006 da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Federación Veciñal "Eduardo Chao". Expt. 1697/335.

INTERVENCIÓN MUNICIPAL
19.- Gastos de locomoción do persoal municipal para a súa inclusión na nómina de decembro de 2005.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
20.- Expediente de contratación do concurso para a selección dunha entidade colaboradora da Seguridade Social para a cobertura das continxencias profesionais por accidente de traballo e enfermidades profesionais do persoal do Concello de Vigo. Expte. 16140/220.

21.- Revisión de prezos do contrato do servizo de ampliación, subministración, instalación e explotación das instalacións da rede semafórica. Expte. 17406/240.

22.- Reclamación de Dª. María Rosa Blanco Dapena de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 15316/240. Desestimada.

23.- Reclamación de Dª. Susana Montoto Mato de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 15584/240. Responsabilidade UTE Aqualia-FCC.SA.

24.- Reclamación de Dª. Teresa Carrera Torre-Marín de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 16488/240. Responsabilidade UTE Aqualia-FCC.SA.

25.- Reclamación de Dª. Carmen Pena Villar de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 76/243. Estimada. Responsabilidade UTE Aqualia-FCC.SA.

26.- Reclamación de D. Fabián Rodríguez Fernández de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 262/243. Desestimado.

27.- Reclamación de D. Joaquín Piñeiro Riveiro de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 496/243. Desestimada.

URBANISMO
28.- Resolución do recurso de reposición interposto contra o acordo da Xunta de Goberno local de data 07.12.04 polo que se aproba definitivamente o proxecto de normalización de predios da UR 1 Esparramán. Expte. 4452/401.

29.- Recepción de obras do proxecto de urbanizaicón na rúa Pastora, entre Travesía da Pastora e a rúa Cesareo González. Expte. 3072/411.

30.- Rogos e preguntas.