O Cuarteto Quiroga e o pianista Víctor Rodríguez pechan o ciclo "Encontros crepusculares" do Festival Are More de Vigo
O Teatro Fraga-Caixa Galicia acollerá , o sábado 3 de decembro, o concerto do Cuarteto Quiroga e o pianista Víctor Rodríguez, que coa súa actuación pechan o ciclo "Encontros crepusculares" do Festival Are More de Vigo.No concerto, que dará comezo ás 20.30 horas, interpretarán a obra de Mozart "Cuarteto de cordas Kv499 "Hoffmeister", a de Bela Bartók "Cuarteto de cordas n. 3, Sz 85" e a de Dvorak "Quinteto para piano e cuarteto de corda op.81".
O Cuarteto Quiroga foi creado no ano 2003, alentados polo eminente violinista, pedagogo e cuartetista francés Charles-André Linale, recentemente falecido. O seu primeiro ebxectivo é o de render tributo á figura do gran violinista pontevedrés Manuel Quiroga, quen, xunto co navarro Pablo Sarasate e o catalán Pau Casals, é un dos máis importantes intérpretes de corda da historia da música española.
Dende a súa creación, o Cuarteto Quiroga ofreceu concertos e recitais en prestixiosas salas de concertos e festivais tan importantes como a Quincena Musical Donostiarra, Festival de Música de Santander, Auditorio Nacional de Madrid, Palau da Música de Valencia, Palacio Euskalduna de Bilbao e ciclos de Música de Cámara nas principias cidades españolas.
Todos os seus membros, Aitor Hevia e Cibrán Sierra ao violín, Lander Etxebarría á viola e Helena Poggio ao violoncell, reunen unha ampla experiencia internacional.Tras formarse nas universidades de Utrech, Amsterdam, Göteborg e Juilliard, en Estados Unidos, continuaron as súas carreiras obtendo premios, de xeito individual, en España, Suecia, Portugal, e Estados Unidos, e ofrecendo recitais nas salas máis prestixoisas do mundo.
Como músicos de orquestra traballaron con directores da talla de Bernard Haitink, Carlo Maria Giulini, Frans Brüggen e Vladimir Ashkenazy, entre outros. Así mesmo foron profesores en Institucións como Musikene (Centro Superior de Música da Universidade do País Vasco) ou na Universidade sueca de Göteborg.
En canto a Víctor Rodríguez, co VI Premio e o Especial á Maestría Artística no Concurso Internacional de Piano P. I. Tchaikovsky, situouse na élite dos pianistas da súa xeración. Nado en A Habana, Cuba, deu notables mostras da súa sensibilidade musical dende unha idade moi temperá, comezando os seus estudos de piano aos 5 anos.
A súa formación académica tivo como piares os valores da escola de piano rusa e os tradicionais da pianística cubana, e de aí a orixinalidade coa que aborda os diferentes estilos e compositores e a expresión dunha personalidade creadora matizada pola frescura, a paixón e a capacidade de comunicarse co público.É, ademais, fundador e presidente do Concurso e Festival Internacional de Piano Ignacio Cervantes de A Habana.
Cun repertorio esixente, que inclúe as obras dos máis grandes compositores dende o Barroco ata a actualidade, ten ofrecido concertos e recitais en escenarios de máis dunha ducia de países.
Descargar todas as imaxes