A Xunta Local de Seguridade avalía a colaboración coa policía e prepara a Volta ao Mundo de Vela
A Xunta Local de Seguridade reuniuse hoxe xoves con dous temas principais sobre a mesa: dunha parte, a avaliación do cumprimento do convenio de colaboración entre o Concello, o Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía; da outra, os preparativos para a Volta ao Mundo de Vela.
A alcaldesa, Corina Porro, dixo que o seguimento do convenio de colaboración co Ministerio do Interior e a Dirección Xeral da Policía está nunha situación "envexable". Froito desta colaboración é a decisión, que anunciou despois do encontro, de desenvolver "actuacións conxuntas" coas policías Local, Autonómica e Nacional e a Garda Civil.
Por outra parte, a Xunta Local de Seguridade tratou sobre a campaña de control acometida nos centros de ensino secundario públicos e nalgúns concertados. A alcaldesa considerou "satisfactorios" os resultados desta campaña e engadiu que a problemática da violencia e do tráfico de estupefacientes nestes centros é "un tema que se debe controlar" pero que actualmente non mostra un aspecto preocupante en Vigo.
Canto á saída da Volvo Ocean Race, Corina Porro anunciou reunións previas de todos os corpos policiais co obxectivo de garantir a seguridade durante este multitudinario evento. Ademais, a alcaldesa apuntou o traballo que se está a facer na área de Tráfico para que todos os cidadáns poidan acudir á saída da Volvo. Neste sentido, adiantou que xa se están facendo as xestións oportunas con Vitrasa para asegurar a presenza de lanzadeiras.
Descargar todas as imaxes