A Comisión de Seguimento de VIGO5 reúnese para afrontar o sprint final da Volvo
A Comisión de Seguimento de VIGO5 reuniuse hoxe xoves para determinar unha serie de actuacións coordinadas de cara á saída da Volta ao Mundo de Vela, que terá lugar o próximo 12 de novembro.
A alcaldesa, Corina Porro, anunciou despois do encontro un "plan de coordinación entre distintos servizos" para afrontar o "sprint final" da Volvo Ocean Race. O obxectivo, segundo a alcaldesa, é "que todo estea a punto a semana anterior" ao inicio desta competición.
En previsión do gran número de visitantes que se achegarán á Vigo con motivo deste evento, o Concello pretende coordinar os traballos das áreas de Limpeza, Tráfico e Seguridade, así como desenvolver diversas actuacións de comunicación. Neste sentido, tratarase con especial atención o Centro da cidade, para garantir a súa seguridade e o acceso e mobilidade de visitantes e vigueses nesta zona.
Descargar todas as imaxes