A Casa das Artes acolle a exposición do X Maratón Fotográfico "Concello de Vigo"
A exposición do X Maratón Fotográfico "Concello de Vigo", promovida polas concellarías de Festas e Cultura e a Agrupación Fotográfica Galega, poderá visitarse na Casa das Artes desde hoxe xoves, a partir das 20:00, ata o próximo 30 de outubro. Nela reuniranse as fotos de todos os participantes, algunhas ampliadas e enmarcadas.
A Agrupación Fotográfica Galega organizou o pasado 17 de xullo, dentro do programa das Festas do Cristo, a sua décima edición do "Maratón Fotográfico". Nesta ocasión houbo 97 participantes, que durante 12 horas deberon fotografar Vigo atendendo aos temas propostos polos organizadores. Estes temas foron catro: "Vigo: a toda vela"; "Barrios de Vigo: Náutico, Berbés, Areal"; "Desde arriba" e "Fragmentos do corpo".
O número de fotografías realizadas foi superior ao millar e a organización salienta a alta calidade delas. Neste concurso podese tamén participar na categoría de fotografía dixital. Este ano o número de participantes nesta categoría atinxiu 50% do total.
Os participantes neste Maratón non ven as súas fotos ata o día da inauguración da exposición, dúa en que ten lugar a entrega de premios. A Agrupación Fotográfica Galega ten por costume que todas as fotos feitas por todos os participantes poidan verse nesta exposición colgadas a modo de tiras. Ademais, algo mais dun cento de fotos, dentro das seleccionadas polo xurado, serán ampliadas e enmarcadas.
Esta exposición pode visitarse de luns a venres, de 18:00 a 21:30; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30, e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.