Escoitar

Corina Porro inaugura unha carpa de promoción da Volta ao Mundo de Vela

A alcaldesa inaugurou hoxe martes unha carpa erixida fronte ao Club Náutico para promocionar a Volta ao Mundo de Vela, competición que comezará o próximo 12 de novembro no porto de Vigo.

martes, 11 out 2005
1129035639carpaVOR1110.jpg
Dentro da carpa instalouse unha pista de xeo e desenvólvense diversas actividades, como a animación con zancudos, malabares e globos. Durante a inauguración, Corina Porro asegurou que o éxito da Volvo Ocena Race "depende da participación e implicación de todos", polo que agradeceu ao Grupo Gadisa e a Coca-Cola a súa colaboración na posta en marcha desta carpa promocional. Para a alcaldesa, a Volta ao Mundo é "unha oportunidade que non queremos desaproveitar".

Pola súa parte, o director de comunicación do Grupo Gadisa, José Luis Fernández Astray, dixo que o obxectivo da carpa inaugurada hoxe martes é darlle aos cidadáns a oportunidade de participar dunha maneira activa neste eveneto. Segundo Fernández Astray, a carpa será visitada por 5.000 nenos e nenas da área de Vigo.
Descargar todas as imaxes