Escoitar

Vigo celebra unha xornada de solidariedade da Marcha Mundial das Mulleres

O 17 de outubro, día internacional da pobreza, a Marcha Mundial da Mulleres ten previsto realizar a nivel mundial unha xornada de solidariedade, coincidindo coa chegada da Manta da Solidariedade e a Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade á cidade africana de Ouadagoudou (Burkina Faso). A nosa cidade tamén desenvolverá actividades para ese mesmo día.<br />

martes, 11 out 2005
1129032191manta.jpg
Os actos previstos en Vigo,pola mañá a partir das 12,son a colocación da bandeira da marcha no Concello e traslado da Manta ao lugar das actividades que terán lugar pola tarde; percorrido simbólico pola cidade coa Manta e con globos cos lemas dos valores principais da carta: igualdade, xustiza, liberdade, solidariedade e paz e colocación da Manta no balcón da Casa Galega da Cultura ( Praza da Constitución).

Pola tarde, a partir das 20 horas, na praza da Constitución haberá unha proxección dun audiovisual sobre a Marcha; obradoiros sobre a Carta Mundial das Mulleres e solta de globos cos valores da Marcha.

A Carta aprobada en decembro de 2004 en Kigali ( capital de Ruanda) por representantes de todo o mundo propón construir un mundo sen explotación, opresión, intolerancia e exclusións, onde se respecten a integridade, a diversidade, os dereitos e liberdades de todas e todos, un mundo baseado na xustiza, igualdade , liberdade, solidariedade e paz.

Esta actividade conta coa colaboración da concellería da Muller.

Conferencia sobre igualdade desde a formación

A concellería da Muller patrocina a conferencia coloquio sobre "A igualdade desde a formación da muller" que organiza a Asociación de Mulleres Concepción Areal e que terá lugar o día 19 outubro no salón social da parroquia da Nosa Señora do Carmo.

A conferencia será impartida por María del Carmen Sánchez Real, profesora de IES e licenciada en humanidades, que falará sobre políticas de igualdade; ser muller e o noso desenvolvemento persoal; a violencia na familia e organización de asociacións. A charla comenzará ás 18 horas.
Descargar todas as imaxes