Lucía Molares presenta o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou hoxe luns o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2005-2007. Segundo Lucía Molares, este plan ten como obxectivo a "igualdade real", que "en teoría temos asumido pero na práctica está lonxe de alcanzarse".
A concelleira anunciou que o III Plan de Igualdade de Oportunidades se aplicará "en todos os ámbitos de actuación municipais", de acordo co principio de transversalidade. Este principio tradúcese nunha estratexia de carácter continuo, tendente a consolidar unha estrutura que desde todos os niveis de intervención sirva para planificar políticas de igualdade efectivas, orientando e asesorando os axentes poíticos, técnicos e sociais.
Para conseguir este obxectivo impulsaranse a aplicación de políticas locais de igualdade. Isto levarase a cabo, en primeiro lugar, a través de funcionarios do Concello que actuarán como axentes de igualdade de oportunidades. Os axentes de igualdade terán, entre outras funcións, as de formar os políticos e o persoal do Concello, crear instrumentos para a intervención profesional no campo da igualdade, e velar pola adecuación da documentación e dos procesos de comunicación municipais a este Plan.
Por outra parte, as políticas locais de igualdade promoveranse por medio da creación do Observatorio para a Igualdade, integrado polo departamento municipal e mailo tecido asociativo dedicados a esta materia. As funcións deste Observatorio serán o estudo da realidade, o establecemento de necesidades e a enunciación de propostas e recomendacións.
Outra medida recollida no Plan é a de incorporar aos temarios de oposicións de persoal funcionario e laboral do Concello de temas específicos de Igualdade de Oportunidades.
Como complemento a estas políticas, a Concellaría da Muller realizará estudos, ademais de investigacións e convenios de colaboración con distintas entidades, cunha perspectiva de xénero.
Áreas de intervención
O III Plan Municipal de Igualdade aplicarase en catro áreas. En primeiro lugar, prestarase atención ás principais institucións educativas: a escola e a familia, de xeito que no desenvolvemento da personalidade de nenos e nenas non teñan cabida nesgos derivados do sexismo tradicional androcéntrico.
Outra área de intervención será o da corresponsabilidade doméstica, para o cal se buscará un equilibrio no reparto das tarefas familiares e do traballo reproductivo que lles permita a homes e mulleres conciliar as súas vidas persoais, laborais e familiares.
Ademais, fomentarase a participación equitativa de mulleres e homes no mercado laboral, tendo en conta a discriminación que padecen as mulleres e implicando a todos os axentes (empregados, directivos, representantes sindicais, etc.) que interveñen no tecido empresarial.
Por último, o Plan Municipal de Igualdade buscará a asunción de hábitos saudables para unha mellora da calidade de vida. Así, nesta área promoverase a participación activa das mulleres no deporte, eliminando estereotipos e promovendo a súa responsabilidade nas entidades deportivas.
Descargar todas as imaxes