Escoitar
Anuncio Muller

Curso "Ferramentas informáticas para a optimización na redacción"

A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto, subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo: "Ferramentas informáticas para a optimización na redacción"

venres, 7 out 2005
Obxectivos:
Dotar ás alumnas dos coñecementos necesarios para manexar as principais ferramentas informáticas, ao mesmo tempo que dotalas das capacidades necesarias para mellorar a redacción e o estilo de textos escritos.

Contidos:
As posibilidades do procesador de textos Msword.
Os formatos, os estilos, os deseños.
Os correctores ortográficos e outras ferramentas lingüísticas.
Dicionarios e vocabularios electrónicos.
Outros recursos na rede.
Os buscadores como ferramenta lingüística.

Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos, con coñecementos básicos de manexo de procesadores de textos e de internet e coñecementos básicos de galego escrito. Primordialmente para mulleres ao servizo da administración, profesorado, responsables de asociacións, empresas e todas as mulleres que no desenvolvemento do seu traballo teñan que botar man da informática para a redacción de textos.

Duración: 16 horas
Horario: a) De 19,30 a 21,30 h.
Datas: O curso celebrarase os días: 24, 25, 26, 27, 28 de outubro (luns a venres) e 2, 3 e 4 de novembro (mércores, xoves e venres) de 2005

Inscrición: na oficina da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986 810284, en horario de 8.00 a 15.00 h.
Prazo de inscrición: do 10 ao 20 de outubro, ambos inclusive.
Lugar de realización dos cursos: Edificio Asefal , rúa Elduayen, 36.VIGO
Prazas limitadas".