Vigo inaugura o curso da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
A alcaldesa Corina Porro reclama para a cidade a titulación superior de danza. Esta proposta anunciouna a alcaldesa, esta mañá, no acto de inauguración do curso académico da Escola Superior de Arte Dramático.
En Galicia non existe ningún centro superior de carácter público no que se imparta danza como o ensino especializado , por iso –subliñou Corina Porro "entendemos que Vigo debe ser sede dunha Escola superior de Danza establecendo un itinerario formativo superior en tres materias moi relacionadas entre sí: música, teatro e danza". E ista é " unha das reclamacións que dende o goberno de Vigo lle temos trasladado ao Presidente da Xunta, como tamén lle solicitamos a construcción dun edificio singular que acolla esta Escola Superior, que hoxe inicia o seu traballo e que xa ficou pequena".
Discurso da alcaldesa
APERTURA DO CURSO ACADÉMICO 2005-2006 DA ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA
Ilustrísimo Señor Director Xeral, Señora Berg, Señor Director, alumnos e alumnas.
A apertura deste curso académico ten un significado moi especial para a cidade. Vigo, que se amosa como o icono urbán de Galicia, que sempre estivo na vangarda das artes, adicou moitos esforzos para acadar a sede desta Escola Superior.
E non se trata de localismos, non é ise o xeito en que os vigueses facemos as cousas. Vigo disputou a batalla para acolleren esta Escola porque Vigo é, sen lugar a dúbidas, a cidade de Galicia que ten aportado unha visión cultural xenuina, independente e moi creativa á nosa identidade propia.
Nos oitenta Vigo, entón unha cidade modesta marcada pola reconversión industrial, xurde do anonimato para ofrecer unha novedosa oferta cultural. Aínda que a movida viguesa identifícase principalmente coa música o certo é que tamén na literatura, na pintura ou no teatro xurdiron artistas rupturistas que amosaban unha nova forma de entender as artes.
Uns consolidáronse, outros desapareceron, pero na arte dramática ficaron itinerarios formativos afines a esta nova titulación superior que acadamos hoxe, a través do taller de teatro da Universidade de Vigo, de Vagalume ou do Conservatorio Superior de Música. Ademáis, contamos cun importante tecido teatral con compañías profesionais como Artello ou Máscara produccións entroutros.
Á educación superior en música que contamos dende hai anos sumamos hoxe a educación superior en arte dramática e iste feito anímanos a reclamar unha nova titulación superior: a danza.
En Galicia non existe ningún centro superior de carácter público no que se imparta danza como o ensino especializado que é, por iso entendemos que Vigo debe ser sede dunha Escola superior de Danza establecendo un itinerario formativo superior en tres materias moi relacionadas entre sí: música, teatro e danza.
E ista é unha das reclamacións que dende o goberno de Vigo lle temos trasladado ao Presidente da Xunta, como tamén lle solicitamos a construcción dun edificio singular que acolla esta Escola Superior, que hoxe inicia o seu traballo e que xa ficou pequena.
Porque este centro está chamado a ser un centro principal para a formación dos futuros actores e directores galegos e porque o éxito na demanda de prazas indica ata qué punto a elección viguesa foi acertada.
Nos primeiros días de apertura de solicitudes éstas doblaron ás prazas que existen. Este argumento é máis que dabondo para plantexarnos hoxe mesmo a conveniencia de ofrecer un lugar máis axeitado, con máis espacio e mellores infraestructuras a esta Escola Superior de Arte Dramático.
Porque nesta tarefa nos propuximos, en primeiro lugar, acadar para Vigo a sede da Escola para, a continuación, atopar unha ubicación. Deseguido, co nomeamento de Manuel Vieitez como Director, tiñamos xa un proxecto feito realidade.
Logo do verán, hoxe xa somos quen de abrir o curso académico que, estou certa, da mán do voso Director, acadará novas metas para todos.
Convirtamos este centro entre todos en referente de calidade e rigor. Despeguemos todo o potencial creativo que albergamos. A curiosidade, a determinación e o entusiasmo, a imaxinación e o xenio de todos vós, os alumnos desta Escola, será a mellor motivación para acadar novas metas.
Moitas gracias e meu máis sincero desexo de éxito para todos.