Escoitar

Ignacio López-Chaves esíxelle á Consellería de Sanidade unha "solución definitiva" para a farmacia de Navia

O concelleiro de Sanidade, Ignacio López-Chaves, volveu demandar hoxe mércores unha "solución definitiva" para o problema creado polo peche da farmacia da alameda de Navia, mostrándose partidario de que a Consellería adopte as medidas para a reapertura da botica, ademais do traslado inmediato de outra ao mesmo lugar.

mércores, 5 out 2005
O concelleiro considera que a reacción da cidade obrigou á Consellería de Sanidade a buscar unha solución ao problema creado polo peche da farmacia de Navia. Ignacio López-Chaves espera que a Consellería "corrixa o erro que cometeu" e lle dea "con rapidez" unha "solución definitiva" ao problema.

Por último, Ignacio López-Chaves louvou a reacción do Concello de Vigo e dos veciños de Navia, xa que "conseguimos que a consellería busque solucións a un problema creado por eles".