Ignacio López-Chaves demanda a reapertura transitoria da farmacia de Navia
O concelleiro de Sanidade, Ignacio López-Chaves, denunciou hoxe martes o "grave prexuízo" que veñen padecendo os habitantes de Navia polo peche da única farmacia desta parroquia, e demandou a súa reapertura mentres non se abre unha nova.
Segundo afirmou o concelleiro, a decisión da Consellería de Sanidade de pechar esta farmancia, a instancias das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo, foi unha "medida precipitada". Ignacio López-Chaves lembrou que a sentenza do Tribunal Supremo do 16 de maio de 2005 podía ter sido aplicada ata dous meses despois da súa notificación. No entanto, o peche produciuse en menos de 24 horas.
López-Chaves asegurou que "non poñemos en dúbida a sentenza" pero reiterou o seu rexeitamento á "excesiva celeridade" con que se aplicou. Foi esta circunstancia a que deixou os veciños de Navia, dun día para outro, sen a única farmacia da que dispuñan na súa parroquia. Desde entón téñense producido no lugar varios actos de protesta contra esta situación.
Para o concelleiro, a solución para este problema pasa pola reapertura transitoria da farmacia. Esta solicitude, que tanto PP como BNG presentarán ao Pleno en senllas mocións, restablecería, segundo Ignacio López-Chaves, o servizo que os veciños demandan, mentres non se abran as dúas novas boticas concedidas na parroquia, unha das cales, segundo o concelleiro, debería instalarse na alameda de Navia, lugar onde estaba a que se pechou.
Hai 20 anos, cun censo de 2.000 habitantes, Navia contaba con dúas farmacias. Agora, con 5.000, quedou sen ningunha. A maioría dos usuarios da vella farmacia eran persoas maiores.
Descargar todas as imaxes