O Museo "Quiñones de León" recupera o libro de visitas do pazo de Castrelos do período 1913-1935
O libro obtívose a través dunha poxa pública celebrada na cidade inglesa de Bristol o pasado 20 de xullo. Intensas xestións do museo permitiron participar na poxa, a través dun comisionista, de xeito que tras competir en diferentes poxas o libro, que saía a un prezo de 70-100 libras, puido ser adquirido polo museo pola cantidade de 689,50 € (470,52 libras).
Este libro, xunto co volume do período posterior –tamén de interese posto que aparecen sinaturas de ilustres visitantes como Eva Perón, Vicente Aleixandre, Rafael Alberti, etc.– poderán verse proximamente de xeito permanente nas salas do pazo.
É probable que o libro de visitas o levase con ela a Sra. Whyte, viúva do marqués de Mos e Valadares, cando abandona o pazo de Castrelos a cambio do pagamento das 125.000 ptas que obtivo por parte do Concello.
O libro ten unha importancia extraordinaria tanto para o museo como para a cidade de Vigo, pois permite obter novos datos acerca dun momento pouco documentado da historia deste pazo. Entre as sinaturas dos convidados destacan especialmente, a páxina completa, as sinaturas do Rei Afonso XIII e a súa dona Vitoria Euxenia que, consta, visitaron Castrelos en 1927. Embaixadores, ministros, políticos, como José Calvo Sotelo, e persoas da alta sociedade viguesa e estranxeira, especialmente ingleses, asinan no libro cunha asiduidade que presenta á Sra. Whyte como unha persoa moi ben relacionada tanto cos seus compatriotas como coa cidade de Vigo.
En 1931 o libro interrómpese no que respecta a Castrelos e a continuación aparecen capítulos relacionados con outros lugares, probablemente residencias da Sra. Whyte, como Villa Danica (1931-1932), Les Iris (1932-1936) e Montecarlo (1939). Nestas últimas páxinas destacan as sinaturas dos escritores británicos Somerset Maugham, novelista, e Sir Osbert Sitwell, poeta e ensaísta; así como os Srs. Keppel, representantes da máis alta aristocracia de Inglaterra e moi vencellados á corte inglesa; en concreto, ela foi "mistress" ou amante –segundo se conta– do rei Eduardo VII e bisavoa de Camila Parker Bowles.
Xunto as case catrocentas sinaturas do libro aparecen fotografías e debuxos, algúns dos cales son de Biarritz, onde o Marqués de Alcedo tiña casa, e outros do pazo de Castrelos do cal aparece un interesante debuxo.
Descargar todas as imaxes