O Concello colabora na formación de emprego coa Fundación Secretariado Xitano
Lucía Molares, concelleira de Emprego e Pedro Puente, presidente da Fundación Secretariado Xitano, veñen de asinar un convenio de colaboración , no marco do Plan Municipal de Emprego poboacióncontempla, no que se contempla acción de acollida, orientación, acompañamento e acceso da poboación xitana á formación e o emprego.
Este novo convenio supón unha achega municipal anual de 31.836,24 euros, ten vixencia ata o 31 de decembro de 2005 , e poderá ser prorrogado por novos períodos dun ano ata o final do Plan Municipal de Emprego.
Coa sinatura desta nova colaboración, cúmprese a intención municipal de ser un referente na necesaria coordinación entre todos os axentes dedicados á loita contra o desemprego de Vigo e parte dunha idea de integración das diferentes accións de mellora da igualdade responsable que se desenvolvan, de forma que o Concello de Vigo, como organismo promotor e principal responsable da aplicación do Plan, poida derivar e complementar as accións que se realicen cos/as participantes seguindo criterios técnicos e de igualdade de oportunidades.
Así, no PME entidades contémplase a sinatura de convenios de colaboración con entidades que traballan no mesmo ámbito, cunha intención integradora, e menciona, especificamente, a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano nas accións dirixidas á loita contra as graves dificultades de integración laboral da poboación xitana, no marco do programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo 2000-2006.
Descargar todas as imaxes