mércores, 28 setembro 2005

Vigo será tesetemuña dun eclipse anular o próximo luns pola mañá

mércores, 28 set 2005

O próximo luns, día 3 de outubro, Vigo será testemuña dun eclipse de sol anular, fenómeno que non se volverá dar nesta terra ata 2082. O Concello advirte que observar este eclipse pode causar graves danos na vista, se non se fai tomando as medidas de prevención axeitadas.

Aberta a inscrición para as VII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

mércores, 28 set 2005

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa asociación cultural "Interfolc", as VII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 5, 6 e 20 de novembro, a partir das 20.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 21 de outubro.