Os peóns e oficiais do programa BIAL inician novos traballos en setembro
Os 70 peóns e 23 oficiais beneficiarios do programa BIAL (Brigadas de Inserción e Actuación Local) continúan os seus traballos iniciando neste mes de setembro un conxunto de obras aprobadas onte luns pola Xunta de Goberno. A maior parte destas actuacións corresponde ás áreas de Vías e Obras e Parques e Xardíns.
Deste xeito, as brigadas realizarán o encauzamento de augas pluviais no Gorxal, rebaixarán beirarrúas na rúa Doutor Corbal e repararán e acondicionarán o pavimento da praza da cuberta do estacionamento situado na rúa Coruña.
Así mesmo, acometeranse dentro do programa BIAL os traballos de axardinamento, con instalación de rego, das illas da rúa Baiona, da que hai entre Martínez Garrido e Doutor Carracido e da zona verde da confluencia de Martínez Garrido e a rúa Gaviota.
Ademais, os peóns e os oficiais acondicionarán o aulario do Parque das Ciencias de Vigo-Zoo, construíndo tabiques e colocando instalacións. Outras actuacións aprobadas son a reposición de losetas no contorno do Colexio "Amor de Dios", a renovación de puntos de luz no camiño cortado da Estación e a instalación de novos puntos de luz nas parroquias de San Miguel de Oia e Saiáns. Esta última obra executarase nuns tres meses.
Os beneficiarios do programa BIAL acabaron o pasado 18 de febreiro a súa formación inicial, na que se impartiron os módulos de Prevención de riscos laborais (20 horas), Instalacións eléctricas (35 horas) e Albanelería (70 horas), con especialidades engadidas de Xardinería e Cantería. Esta formación teórico-práctica correu a cargo da Fundación Laboral da Construcción de Galicia, co apoio do persoal do propio programa.
Desde finais de febreiro ata hoxe, téñense realizado no marco desta inicitiva obras como a reparación do pavimento da rúa do Príncipe, a instalación de duchas e sumidoiros nas praias do Vao e da Punta e o cambio de tendido eléctrico e a colocación de novos puntos de luz en Teis e Cabral. Traballos pendentes de finalización son, entre outros, o de reparar as bancadas do Auditorio do Parque de Castrelos, a campaña de desratización de varias parroquias e o acondicionamento do camiño paralelo ao río Lagares.
A selección das obras está baseada no plan formativo dos beneficiarios do BIAL e nas solicitudes dos distintos departamentos municipais. O obxectivo é que os traballos sexan diversos e relativamente sinxelos na súa execución, para asentar, a través da práctica, os coñecementos adquiridos durante a etapa de formación.