martes, 27 set 2005
Os 70 peóns e 23 oficiais beneficiarios do programa BIAL (Brigadas de Inserción e Actuación Local) continúan os seus traballos iniciando neste mes de setembro un conxunto de obras aprobadas onte luns pola Xunta de Goberno. A maior parte destas actuacións corresponde ás áreas de Vías e Obras e Parques e Xardíns.
martes, 27 set 2005
Dado o éxito de público que visitou ata a actualidade a exposición do santuario do deus Berobreo, preto de nove mil persoas, a mostra permanecerá aberta ato o día 27 de novembro. Na exposición preséntase, a historia do santuario prehistórico do deus Berobreo, no alto do Monte do Facho, en Donón (Cangas do Morrazo) e do xacemento arqueolóxico que por vez primeira vez estudiárono investigadores vencellados ao museo municipal de Vigo como Enrique Massó, José Suárez e José María Álvarez Blázquez.
martes, 27 set 2005
O Universidade de Vigo Rugby Club foi presentado hoxe martes coa presencia da concelleira de Deportes e o principal patrocinador do equipo, Valery Karpin, co obxectivo de potenciar este deporte entre os máis pequenos.