Nove mil persoas visitaron a exposición "Para o deus Berobreo" no municipal de Castrelos
Dado o éxito de público que visitou ata a actualidade a exposición do santuario do deus Berobreo, preto de nove mil persoas, a mostra permanecerá aberta ato o día 27 de novembro. Na exposición preséntase, a historia do santuario prehistórico do deus Berobreo, no alto do Monte do Facho, en Donón (Cangas do Morrazo) e do xacemento arqueolóxico que por vez primeira vez estudiárono investigadores vencellados ao museo municipal de Vigo como Enrique Massó, José Suárez e José María Álvarez Blázquez.
En atención á demanda dos profesores, o museo "Quiñones de León" programa visitas de estudiantes de secundaria á exposición todos os martes e xoves en horario de mañá. Máis información no teléfono 986 29 50 70.
A exposición comezou o pasado 7 de xullo e ofrece unha visión inédita da colección das aras do Museo e a súa traxectoria desde o santuario ao museo. No Facho de Donón existiu en épocas romanas (século III d.C.) un importante santuario que constitúe un exemplo único no mundo. A primeira proba da súa existencia son as aras conservadas no Museo Municipal de Vigo.
Unha ara é o nome latino do altar, onde habitualmente se realiza o sacrificio simbólico ou libación que é a acción de verter un líquido (viño, aceite ou leite) en ofrenda a unha divindade. As ofrendas realízanse nun pequeno oco (focus). As aras poden ser en si mesmas unha ofrenda.
Descargar todas as imaxes