Escoitar

Ábrese o curso na Escola Municipal de Música

O concelleiro de Educación, Ignacio López Chaves, inaugura na tarde do luns o curso 2005-2006 da Escola Municipal de Música que este ano conta con 385 persoas matriculadas.

luns, 26 set 2005
1127737649musica1.jpg
A Escola funciona desde setembro do ano 1999 e naceu co finalidade de ofrecer unha formación práctica en música dirixida a afeccionados, sen prexuízo da súa función orientadora a estudos profesionais para aqueles que teñan unha especial vocación e actitude.

A Escola abarca os niveis de ensino de música e movemento ( de 4 a 7 anos); plan xeral de estudos ( de 8 a 15 anos); plan de estudos para adultos ( de 16 en adiante) e plan de acceso ao Conservatorio. Na Escola impártense a practica instrumental de 11 especialidades: violín, viola, violonchelo, trompa, trompeta., trombón, frauta, clarinete, saxofón, piano e guitarra, formación complementaria e actividades de conxunto.

Na actualidade o centro conta cunha programación anual estable como son os concertos de inauguración do curso escolar; Santa Cecilia; Nadal; Entroido, Novos Músicos; didáctico "Música e Movemento", Día Internacional da Música; concurso de composición novas músicas.
Descargar todas as imaxes