O luns ábrese o prazo para inscribirse no obradoiro "Muller e Comunicación"
A partir do luns 3 de outubro e ata o día 14 do mesmo mes, as mulleres maiores de idade poden inscribirse no obradoiro "Muller e Comunicación", que o Concello organiza como ferramenta para o desenvolvemento persoal, social e laboral a través da mellora das habilidades comunicativas.
O curso, unha iniciativa da Concellería da Muller subvencionada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, terá lugar na Casa das Mulleres (rúa Romil, 20) os martes e mércores do 18 de outubro ao 29 de novembro, de 18:00 a 20:00. A súa duración total será de 24 horas.
Durante este tempo, as participantes traballarán e reflexionarán sobre a comunicación como medio para superar as dificuldades que encontran as mulleres no seu desenvolvemento persoal, social e laboral, descubrindo, para tal fin, a posta en valor da experiencia.
Deste xeito, preténdese que melloren as súas habilidades comunicativas, entre as cales están a comunicación oral, a intergrupal e a integral. Os obxectivos destas melloras son, á parte do mencionado desenvolvemento individual, a conquista de espazos sociais para as mulleres e a superación de bloqueos e inercias comunicativas.
Outro dos fins do obradoiro é o de potenciar nas participantes habilidades sociais útiles para resolver conflictos e aumentar as expectativas de empoderamento das mulleres. Ademais, neste curso reflexionarase sobre as implicacións da construcción de xénero no feito comunicativo, así como sobre a utilización da lingua, atendendo ao valor da diversidade e promovendo usos non sexistas.
A inscrición no obradoiro "Muller e Comunicación" pode formalizarse na Oficina da Muller, situada no 1º andar do Concello, ou ben a través do 986 810 284, sempre de 8:00 a 15:00. O número de prazas é limitado.
Descargar todas as imaxes