Escoitar

Bando da Alcaldía sobre as medidas para o aforro de auga

A Alcaldía recolle neste documento unha serie de medidas coa que se pretende evitar que o problema da falta de auga poida agravarse. Estas medidas recoméndanse tanto aos servizos municipais como aos cidadáns de Vigo, e seranlles comunicadas, así mesmo, aos concellos da nosa área metropolitana.

mércores, 28 set 2005
A pertinaz sequía que asola o noso país nos últimos tempos está a provocar unha importante disminución das reservas hidrolóxicas dos encoros que abastecen a nosa Cidade e a súa área metropolitana, situándoas en mínimos históricos.

Esta situación sen ser alarmante polo momento - pois cóntase con reservas para aproximadamente tres meses - aconsella sen embargo adoptar xa as medidas preventivas necesarias para non ter que acudir no futuro o recurso extremo de comenzar con cortes de auga periódicos, para evitar o desabastecemento da poboación.

Nesta dirección xa ordenei ós servicios municipais de Limpeza e Parques e Xardíns as medidas necesarias para a reducción do consumo en rego e baldeo nun 70% aproximadamente e así foi comunicado ós concellos ós que abastecemos, para que tamén adopten iniciativas co obxeto de garantizar a continuidade do subministro.

Pero todas estas cautelas non serían suficientes se os veciños non colaboramos no consumo racional e eficiente dese ben, cada vez máis escaso, en que a climatoloxía está a convertir a auga.

Con esta finalidade faise público este Bando para recomendar ós cidadáns que como práctica habitual, pero sobre todo ata que cheguen as ansiadas choivas e a situación se normalice, adopten as seguintes medidas:

1ª.- Reducir ó mínimo imprescindible o rego de xardíns e o baldeo de zoas duras

2ª.- Utilizar os electrodomésticos seguindo as instruccións dos fabricantes para aforro de auga, e as lavadoras e lavavaixelas a plena carga.

3ª.- Substituir o baño pola ducha que supón un aforro do 75 % do consumo.

4ª.- Non deixá-los grifos abertos inútilmente nas tarefas de hixiene persoal e doméstica, e utilizar reductores de presión se estivesen instalados.

5ª.- Revisar os grifos e as cisternas para evitar goteos e fugas ( só o simple goteo dun grifo significa unha pérdida de 100 litros de auga ó mes ).

6ª.- En xeral, considerar a auga tanto domiciliaria como industrial como un ben escaso e por isto utilizala soamente para satisfacer necesidades, evitando o seu desbarate.

So así, desde a solidariedade de todos, estou seguro que superaremos a situación sen maiores problemas.

Vigo 28 de setembro de 2005
O Alcalde Accidental

José Manuel Figueroa Vila