PP, PSdeG-PSOE, BNG e PG acordan a derruba dunhas obras "ilegais" na Lagoa
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves por unanimidade unha moción do PSdeG-PSOE pola que se lle esixe ao Goberno local a paralización e derruba das obras de ampliación dunha nave e de construcción doutra acometidas na Lagoa, en Teis.
Segundo explicou o concelleiro do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz, os ditos traballos, aos cales hai que sumar os de asfaltado de parte dun vial, acometeunos sen contar coa pertinente licenza municipal a empresa Astilleros e Construcciones Lagoa, concesionaria da superficie de lámina de auga e de terreo de dominio público portuario localizados nesta zona. Esta concesión tiña por finalidade a prestación de servizos portuarios correspondentes a unha dársena para embarcacións deportivas e de recreo.
Mauricio Ruiz denunciou, ademais, a utilización, por parte desta empresa, do camiño de terra que circunda polo Norte a ladeira e zona baixa do monte da Guía para tráfico de vehículos pesados. O representante socialista recordou o carácter peonil e de recreo deste camiño.
Os feitos referidos por Mauricio Ruiz motivaron a denuncia, o 5 de setembro, da Fiscalía de Vigo contra os representates da empresa adxudicataria, por presunta comisión de delicto contra a ordenación do territorio; así como contra as diversas administracións intervinentes, por prevaricación omisiva.
Esta denuncia levou os socialistas a esixir a "adopción automática" das accións de disciplina urbanística e control de tráfico "obviadas", e a depuración das "responsabilidades políticas pertinentes".
Tras a votación favorable desta moción, o concelleiro do PP José Manuel Figueroa asegurou que o Goberno municipal seguiu neste caso "todos os pasos administrativos que nos marcaron os técnicos municipais" e que os vai cumprir "ata o final".
Pola súa parte, Xabier Toba, do BNG, afirmou que é "rotundamente absurdo" que o PP votase a favor dun acordo "contrario" á actuación que, segundo dixo, desenvolveu con respecto ás obras da Lagoa e á utilización do camiño mencionado. Neste sentido, o concelleiro nacionalista declarou que "todo son atrancos e excusas para facilitar o paso dos vehículos" e lamentou "que Urbanismo non actúe" sobre as obras acometidas pola empresa concesionaria.
Descargar todas as imaxes