Varias rúas poden ser declaradas zonas saturadas de ruído a principios de 2006
O portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, anunciou que a declaración de varias rúas da cidade como zonas saturadas de ruído pode ser efectiva a principios do ano que vén.
Esta medida pode axudar a paliar un problema para o que buscou solucións a Comisión Municipal de Ruídos, nunha reunión mantida hoxe xoves. Varias rúas poden ser declaradas zonas saturadas á vista dos resultados dos últimos estudos sonométricos en mans do Goberno local. Entre estas, Pontevedra, Rosalía de Castro, Alfonso XIII, Areal, Montero Ríos, García Barbón e Churruca.
José Manuel Figueroa anunciou a elaboración dun mapa de ruídos, en virtude do cal se actuará á hora de conceder novas licenzas para locais nocturnos. Segundo o concelleiro, actualmente estase a terminar o prego de condicións deste mapa e o concurso iniciarase nas próximas semanas.
Ana Casas, representante do Plan Comunitario do Casco Vello, unha zona que xa foi declarada saturada, pediu o cumprimento da disciplina urbanística, se for necesario a través de sancións e do peche de locais que incumpran as licenzas.
Por último, o xerente da Federación Provincial de Hosteleiros, Juan Gómez, mostrouse partidario dunha solución ao problema dos ruídos, para conseguir "unha mellor convivencia entre veciños e hosteleiros". Ademais, considerou "interesante" a elaboración dun mapa de ruídos, xa que, segundo dixo, daría aos propietarios dos locais "unha certeza que agradecemos" á hora de establecer un negocio deste tipo.
Descargar todas as imaxes