Escoitar

Presentación da nova campaña siareiros

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a "Campaña Siareiros 05/06" da "Fundación Vigo en Deporte" para promover a asistencia dos afeccionados ós partidos dos equipos de elite da cidade de Vigo: R. Club Celta Vigo Urban, C.D. Vigo Fútbol Sala, Vigo Voleibol Valery Karpin, Xuvenil de Teis Frutas Nieves, ANFIV Vital Vigo, Vigo Stick Suis e o Academia Octavio Pilotes Posada.

luns, 3 out 2005
Estes clubs recibirán unha axuda por cada novo siareiro que se apunte nas oficinas da Fundación Vigo en Deporte.

Os interesados en participar na campaña a favor dos clubs vigueses de elite pódeno facer mediante unha das tres modalidades de siareiros establecidas: co Carné Base, co Abono Elite Siareiros ou facéndose Empresa Colaboradora ou Socio Simpatizante Siareiros. O Carné Base Siareiros permite participar en sorteos, promocións e descontos en establecementos, ademáis de obter unha entrada gratis para asistir ó partido do equipo de elite que se desexe. Co abono se pode entrar gratis a tódolos partidos durante toda a tempada e se teñen as mesmas vantaxes que co Carné Base. As Empresas Colaboradoras tamén poderán acceder gratuitamente ós partidos e serán acreditados cun indicativo como Empresas Colaboradoras.

Na presentación da campaña , que tivo lugar na mañá do luns, entregouse ó siareiro José Carlos González Castro, o ciclomotor Derbi Atlantis que gañou no último sorteo da Fundación.