Escoitar

Vigo cita ao sector de productos do mar conxelados

"Somos referentes mundial no ámbito da pesca. O sector da pesca sigue sendo un dos nosos principais motores de desenvolvemento económico e a nosa vontade é por a súa disposición as infraestructuras que precisa para seguir crecendo e mellorando a súa competitividade". Estas verbas pronunciounas hoxe martes a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, no acto de inauguración da feira do sector do conxelado Conxemar que se celebra no recinto do IFEVI ata o próximo día 6 de outubro.

martes, 4 out 2005
1128426535inauguracion.jpg
Conxemar 2005 dará a coñecer de primeira man as novidades do sector da transformación de productos, tecnoloxía, maquinaria e servizos de productos do mar conxelados. Esta cita co sector brinda aos profesionais unha oportunidade de realizar contactos e intercambios comerciais. Na edición anterior participaron máis de 60 países, 400 expositores e mais de 30.000 visitantes.
Descargar todas as imaxes

Máis información