O MARCO ofrece unha selección da arte xaponesa do último medio século
O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) acolle en exclusiva para España, desde hoxe venres ata o próximo 22 de xaneiro, a exposición "Chikaku. Tempo e memoria en Xapón". Nela, analízase a evolución da arte nipona dos últimos 50 anos mediante obras de diversos ámbitos creativos presentadas en distintos soportes.
Dezaseis artistas de distintas xeracións participan en "Chikaku" con pinturas, esculturas, instalacións, fotografías, vídeos, obras cinematográficas e traballos arquitectónicos que fan desta mostra a máis importante das realizadas ata o de agora no noso país no campo da arte xaponesa contemporánea.
O enfoque destas obras baséase nas formas de percepción, o sentido do tempo e as estructuras da memoria. Son estes tres conceptos moi ligados á evolución dinámica na que os artistas do país do sol nacente veñen traballando desde mediados do século XX. Tanto é así que constitúen unha forma especial de gravitación que enfronta a estes artistas continuamente e os informa sobre a estrutura, as características e os formatos da súa expresión.
A rápida saída da cultura xaponesa do seu illamento histórico provocou que a arte deste país se vexa marcado por unha forma extraordinariamente diferente de entender a existencia. A arte xaponesa contemporánea créase baixo a completa influencia da modernización e o desenvolvemento tecnolóxico.
No entanto, e a pesar destes cambios vertixinosos, os xaponeses aínda conservan o seu propio estilo de vida con fondas raíces físicas e culturais. Esta confrontación entre o mundo dos valores tradicionais e o da modernidade máis futurista aparece reflectida nas obras dos principais artistas de Xapón.
"Chikaku" pódese visitar de martes a sábados (festivos incluídos), de 11:00 a 21:00, e os domingos, de 11:00 a 15:00, nas salas de exposición da planta baixa do MARCO.
Ademais, na biblioteca-mediateca do MARCO haberá un directorio de recursos dixitais sobre a arte xaponesa actual, con especial atención aos artistas participantes na exposición.
Como actividade complementaria á mostra, o Cineclube Lumière ofrece os luns ás 20:30, durante todo o mes de outubro, un ciclo de cinema xaponés composto por cinco títulos de cineastas nipóns das últimas décadas. "A balada de Narayana" (3 de outubro) e "Zegen, o home dos bordeis" (o día 10), ambas de Shoel Imamura; "Kagetora o guerreiro", de Haruki Kadokawa, o 17 de outubro; "O ocaso do samurai", de Yoji Yamada, o día 24; e "Ninguén sabe", de Hirokazu Kore-Eda, o 31.
Descargar todas as imaxes