Escoitar

A Escola Municipal de Danza participará nas festas do Pilar de Zaragoza

Trinta e catro membros da Escola Muncipal de Danza, invitados polo Centro Galego de Zaragoza, participarán, do 11 ao 15 de outubro, nas festas que se celebran nesa cidade na honra da Virxe do Pilar.

venres, 7 out 2005
Durante as festas actuarán os grupos "Tarabelo" e "Labaradas" e a parella infantil "Roque e Lucía". Os membros da Escola amenizarán con estas e outras actuacións as celebracións de Zaragoza, e tomarán parte, así mesmo, na tradicional ofrenda de flores e froita con que se honra a Virxe na basílica do Pilar.

As clases da Escola Municipal de Danza comezan o próximo luns día 10, con duascentas sesenta persoas de catro a 80 anos matriculadas.