Escoitar

O Concello convoca un concurso de redacción con motivo do "Día sen coche"

A concellería de Mobilidade e Seguridade convoca un concurso de redacción para escolares co nome "A rúa sen coches" con motivo da celebración o próximo día 22 da iniciativa europea "A cidade sen o meu coche". O concurso conta coa colaboración de El Corte Inglés.<br />

luns, 19 set 2005
O programa que o Concello vai a levar a cabo , enmarcado na semana do 19 ao 22 de setembro, pretende convidar aos nenos e nenas dos centros escolares do municipio de Vigo, de idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos, a participar nun concurso de redacción baixo o título "Cómo disfrutar da cidade sen coches". As persoas premiadas recibirán unha bicicleta de montaña que se lles entregará o venres día 23 .

O "Día Europeo sen coche" entra dentro da "Semana Europea da Mobilidade", unha iniciativa que reflexiona sobre a saturación do tráfico e a contaminación acústica nas principais cidades europeas, cuestión que incide profundamente na calidade de vida dos cidadáns.

A campaña ¡A cidade sen o meu coche! foi ideada con este nome por primeira vez en Francia en 1998, e foi establecida como iniciativa pola Comisaria europea de Medio Ambiente, Margot Wallström, no ano 2000. As cidades involucradas neste proxecto aumentan cada ano e das 760 participantes en 2.000 pasouse a máis de 1.000 en 2003