Escoitar

Saberes tradicionais sobre a madeira

O artesán Javier Fernández Lage, especialista en facer sellas, tamén coñecidas como baldes, fará unha demostración en vivo do seu saber tradicional sobre a madeira , a fin de semana na Casa das Artes. Esta demostración ven formar parte da actividade "un fin se semán cos artesáns" complementaria da exposición Beleza e Utilidade Artesanía Tradicional en Galiza.

venres, 16 set 2005
1126861258selleiro1.jpg
Selleiro
A demostración terá lugar o sábado 17 en horario de 11:30 a 14:00 h e de 18:30 a 21:00 h e o domingo de 11:30 a 13:30 h na primeira planta da Casa das Artes de Vigo. Durante a demostración o público que asista coñecerá de primeira man un dos oficios vencellados a transformación de materia prima de natureza vexetal en obxectos de uso doméstico, así como ferramentas empregadas, os seus usos e numerosas técnicas artesanais empregadas na elaboración dos productos.

Javier Fernández Lage ven de crear "O eido de selleiro", unha institución afincada en Ponteareas que nace co obxectivo de promover e difundir un dos oficios tradicionais en vías de extinción e que reúne a aqueles carpinteiros encargados de facer as sellas ou baldes, recipientes que eran empregados -sobre todo polas mulleres- para ir a buscar auga a fonte

Con esta demostración trátase de que o público coñeza, valore e respecte unha tradición ligada a un pobo e unha cultura como é a nosa.
Descargar todas as imaxes