A alcaldesa trasalada ao presidente da Xunta as principais demandas da cidade
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, trasladoulle ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, as súas demandas en asuntos prioritarios para a cidade, unhas propostas, segundo a alcaldesa "elaboradas dende a sensatez". "Non pido imposibles, senón o que Vigo necesita, que a Xunta continúe cos compromisos adquiridos polo anterior Goberno autonómico", sinalou a alcaldesa.
Corina Porro lembrou que moitas das demandas foron plantexadas ao anterior presidente da Xunta de Galicia e que o dossier que lle entregou a Touriño está elaborado dende a sensatez e o "compromiso dunha cidade amiga, que lidera o desenvolvemento económico e social da comunidade e que quere colaborar coa Xunta", insiste a rexedora viguesa. Corina Porro pediulle tamén ao presidente da Xunta a súa mediación ante o Goberno central en asuntos prioritarios para a cidade.
Na entrevista que mantivo hoxe co presidente da Xunta de Galicia en San Caetano, Corina Porro plantexou dúas novas cuestións importantes para Vigo que son froito da demanda detectada nos últimos tempos, como a construcción dunha nova Biblioteca Central na cidade. Neste sentido, Corina Porro sinalou que a cidade precisa dun novo equipamento público de xeito urxente, na que poderían colaborar as tres administracións (O Concello ofrecería o solo, o Goberno Central a construiría e a Xunta a mantería). Ademais, a alcaldesa plantexou a Emilio Pérez Touriño a construcción dun edificio singular, onde o Concello puidera por a disposición os terreos, para dotar de máis espacio e mellores infraestructuras á Escola de Arte Dramático. Neste sentido, a alcaldesa tamén propuxo que a cidade acolla a sede dunha Escola Superior de Danza, que podería emprazarse no mesmo edificio que se constrúa para a Escola de Arte Dramático, ou en Bouzas, xunto á sede de Imaxe e Son.
A alcaldesa plantexou a Touriño a necesidade de que a comisión técnica de seguimento entre a Consellería de Política Territorial e mailo Concello continúe analizando de xeito detallado as intervencións na cidade das dous administracións. Tamén a alcaldesa instou ao presidente da Xunta a darlle un pulo a un novo embalse na cidade. Neste sentido, lembrou que as previsión de crecemento da cidade e a conformación da área metropolitana aconsellan a construcción desta nova infraestructura, cuxo estudio debería ser realizado de contado pola Xunta de Galicia. Corina Porro lembrou que existe un estudio sobre as necesidades de abastecemento realizado pola Xunta que procedería analizar, e insistiu tamén en que a Xunta debe asumir o compromiso adquirido de financiar o 15 por centro da obra dunha nova depuradora na cidade.
En relación co proxecto de Lei de Área Metropolitana de Vigo, Corina Porro propuxo ao presidente da Xunta a constitución dunha comisión técnica de traballo que estudie o procedemento para o inicio do proceso de transferencias, instándolle ademais a darlle un impulso final ao proxecto de lei no seu trámite parlamentario.
Entre as demandas da alcaldesa, esta salientou a necesidade de que o futuro Auditorio-Pazo de Congresos de Vigo continúe a ser prioritario para a Xunta de Galicia e informoulle que o proceso para a súa licitación está moi avanzado. Corina Porro referiuse tamén á necesidade de axilizar a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o que obriga tanto á Xunta coma ao Concello a darlle un pulo ao PXOM.
No ámbito sanitario, Corina Porro lembrou ao mandatario galego o protocolo asinado entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vigo para a construcción dunha nova infraestructura hospitalaria e instoulle a axilizar o proxecto ao máximo, así como o compromiso do Goberno galego de crear 6 novos centros de saúde (os protocolos para asinar dous deles, o de Navia e o de Bouzas, asináronse en 2005). A alcaldesa sinalou que o PXOM reserva 250.000 metros cadrados de superficie para o novo hospital.
A creación da Cidade da Xustiza foi outro dos asuntos prioritarios para a cidade nos que a rexedora viguesa referiuse durante a xuntanza. Corina Porro lembrou que esta infraestructura é unha xusta reclamación da Comisión Municipal de Xustiza, da que participan todos os colectivos profesionais do ámbito da xustiza viguesa. Nesta materia, a alcaldesa lembrou tamén que o Plan Xeral reserva solo para que a Consellería de Xustiza constrúa un conxunto único para todos os edificios xudiciais da cidade, tal e como recolle o protocolo asinado este mesmo ano.
O Concello de Vigo quere que a administración autonómica colabore cun Plan de Infraestructuras Deportivas 2005-2010, co fin de dotar á cidade de espacios e equipamentos deportivos acordes coa demanda existente, como a Cidade do Deporte e o Centro de Deportes Náuticos. Este último, segundo a alcaldesa, ten unha oportunidade única de desenvolverse nos terreos da ETEA, un emprazamento idóneo para a súa construcción.
Outros asuntos
Que a Xunta de Galicia continúe liderando a proposta de mediar co Goberno central para acadar os fondos comunitarios precisos para construír o metro en Vigo; iniciar as conversas con AENA para incrementar as prazas de aparcamento no IFEVI e no aeroporto, de xeito conxunto; o inicio de diferentes infraestructuras viarias na cidade e a urbanización de viais de titularidade autonómica, foron outros dos asuntos que a alcaldesa lle trasladou ao mandatario galego, entre os que tamén se inclúe a necesidade de executar o vindeiro ano o parque comarcal de bombeiros e a plataforma de salvamento.
Mediación en asuntos competencia do Goberno central
Noutro ámbito, a alcaldesa instou ao presidente da Xunta a mediar en asuntos que son competencia do Goberno central, como a peaxe de Rande. A alcaldesa solicitou que, ata que se execute a alternativa proposta que liberará a peaxe no 2010, o goberno galego financia o bonopeaxe actualmente en vigor. En relación co segundo cinto, Corina Porro lembrou a Emilio Pérez Touriño que existe unha proposta da Corporación municipal e dos veciños para a construcción de dous falsos túneles na zona.