O Goberno espera ter o xoves as conclusións da visita ás depuradoras de Barcelona
O Goberno local espera para o xoves as conclusións dos técnicos municipais de Medio Ambiente sobre a visita que realizaron a catro depuradoras de Barcelona. Estas valoracións poden servir, xunto con outros informes, de base para un acordo plenario que determine as liñas de actuación para solucionar o problema da depuradora do Lagares.
O voceiro do Goberno local, José Manuel Figueroa, afirmou hoxe mércores que se esperan para mañá xoves as conclusións dos técnicos do Departamento de Medio Ambiente do Concello sobre a visita que realizaron a catro depuradoras da área metropolitana de Barcelona. Estas conclusións serán levadas ao próximo Pleno para que os grupos políticos acorden, a partir delas e doutros informes, "as liñas de traballo a curto, medio e longo prazo" para solucionar as molestias causadas polo mal funcionamento da depuradora do Lagares.
Segundo cinto e AVE
Por outra parte, o concelleiro situou a data de inauguración do segundo cinto no último trimestre de 2005. Ademais, reiterou a esixencia do Goberno local de que "se apliquen os prazos do AVE o antes posible" para que se cumpran os compromisos do Plan Galicia". Sobre posibles retrasos nesta infraestructura, José Manuel Figueroa dixo que desde o Concello "esperamos que a Xunta e o Ministerio de Fomento se pronuncien".
Sede de Illas Atlánticas
En canto ao traslado da sede do padroado do parque nacional das Illas Atlánticas a Vigo, José Manuel Figueroa asegurou que "defendemos que esta sede estea na nosa cidade". Segundo o concelleiro, aínda hai que determinar o tipo de financiamento que precisará esta entidade, así como as súas necesidades de persoal e o espazo que ocupará. No entanto, Figueroa anunciou que "o Goberno local vai colaborar coa Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente para que a instalación desta sede en Vigo sexa unha realidade".
Traslado de Alcaldía
Por último, o portavoz municipal apuntou que a posibilidade de trasladar a Alcaldía ao edificio do Reitorado ten "moitas opcións", dado que "a Alcaldía de Vigo merece estar nun lugar emblemático". Con este posible cambio de situación, a Alcaldía deixaría o edificio da praza do Rei despois de tres décadas de estancia.
José Manuel Figueroa fixo estas declaracións durante unha breve pausa na xuntanza da Comisión de Seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal que tivo lugar hoxe mércores no edificio da Xerencia Municipal de Urbanismo. O propio José Manuel Figueroa, en representación do PP; Mauricio Ruiz, do PSdeG-PSOE; Xabier Toba, polo BNG, e o concelleiro do PG Manoel Soto participaron, xunto co xerente de Urbanismo, Xavier Rivas, nesta reunión.
Descargar todas as imaxes