Escoitar

Zona Centro, Calvario e Vigo Vello renovarán as súas rúas comerciais coa axuda do Concello

As asociacións de comerciantes da Zona Centro, Calvario e Vigo Vello contribuirán con fondos propios á renovación estética das rúas comerciais das súas respectivas áreas, segundo os proxectos de convenio aprobados onte luns pola Xunta de Goberno Local.

martes, 13 set 2005
1126613559principe.jpg
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa sesión de onte, luns 12 de setembro, un proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería de Turismo e Comercio e a Asociación de Comerciantes Zona Centro, en virtude do cal esta asociación se compromete a aboar ao Concello 2.571,43 euros para contribuír á renovación estética das rúas comerciais desta zona.

O importe desta obra está cifrado en 17.142,85 euros, a metade dos cales (8.571,42) corresponden a unha subvención concedida pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

O convenio recolle o compromiso do Concello de realizar todo o proceso de contratación e adxudicación da obra, así como de prestar todo tipo de apoio técnico e de asesoramento por parte da Concellería de Comercio. Ademais, o Concello colocará e manterá as xardineiras colgantes que se instalen nas rúas.

Pola súa parte, a Asociación de Comerciantes Zona Centro será responsable do rego, mantemento e reposición das plantas que se coloquen nas ditas xardieniras colgantes.

En virtude doutros dous proxectos de convenio, a Asociación de Comerciantes do Calvario e Vigo Vello aboarán ao Concello 4.275 e 2.571,43 euros, respectivamente, para a renovación estética de comerciais. En ambos os casos, os traballos serán subvencionados pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
Descargar todas as imaxes