Os novos aparcadoiros públicos xestionaranse de maneira indirecta e mediante concesión
Na sesión celebrada hoxe luns, o Pleno da Corporación Municipal acordou determinar que a construcción, xestión e explotación de seis novos aparcadoiros públicos no centro de Vigo se efectúe mediante xestión indirecta e concesión.
PP, PSdeG-PSOE e BNG votaron a favor desta proposta e o PG abstívose. Os seis aparcadoiros en cuestión situaranse nas rías Areal, Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e Castelao. Polo acordo adoptado hoxe ínstase á Xunta de Goberno Local á incoación dos expedientes de contratación necesarios para a consecución dos fins sinalados.
Nomes para Navia
Por outra parte, o Pleno aprobou a denominación oficial de seis rúas do Plan Parcial de Navia. Estes nomes son As Teixugueiras, Ufas, Pedra Seixa, Lamelas, Limpiño e Pozo Cabalo.
Ademais, dentro da área de Urbanismo e Medio Ambiente, recibiron o visto bo do Pleno a modificación do PERI do Calvario, coa delimitación do seu polígono 11 e do sistema de actuación para a súa execución, así como a modificación puntual do estudo de detalle da UE IV-02 Palencia.
Por último, quedaron aprobados o regulamento municipal das instalacións de alumeado público e o das obras de xardinería.
Descargar todas as imaxes