A Corporación apoia á flota conxeladora viguesa que opera en augas da NAFO
A Corporación Municipal aprobou unha moción no pleno celebrado o luns na que se insta ao Goberno da Xunta de Galicia que reclame do Goberno da España a promoción, en colaboración coa flota conxeladora que opera en augas da NAFO, de novas campañas científicas, ampliando o área xeográfica a outras zonas aínda non explotadas en NAFO.
A moción defendida polo voceiro do grupo municipal do PP, José Manuel Figueroa , argumenta a problemática suscitada nos últimos tempos na pesquería do fletán negro e na flota que opera en augas da NAFO, fundamentalmente no que se refire á reducción de cotas, as discrepancias nas valoracións dos científicos e a decisión da Unión Europea do peche da pesquería a finais de setembro.
Na moción instase ao Goberno da Xunta de Galicia a consensuar unha posición co sector e darlle traslado ao Goberno de España para que defenda diante da reunión da Comisión de NAFO prevista para os próximos días 19-23 de setembro en Tallín (Estonia). A proposta deberá observar, como reclama o sector, que se teñan presentes as consecuencias económicas e sociais que comporta a reducción dos TAC’s fixados cada ano. Tamén proponse elaborar antes de xaneiro do próximo ano un Plan de Pesca para 2006, consensuado co sector, que evite os graves perxuizos que ocasionan as modificacións unilaterais nos programas anuais.
Aforro enerxético
Belén Sío, concelleira do grupo municipal socialista, presentou no pleno unha moción relativa ao aforro enerxético na que se solicita que o Concello se comprometa a impulsar e difundir os traballos da Axenda 21 Local como instrumento que debe implicar a todas as políticas do municipio no desenvolvemento sostible do noso entorno, desde a área de medio ambiente, pero con especial atención nas políticas urbanísticas, de mobilidade, accesibilidade e educativas.
A concelleira socialistas lembrou que o 2005 é para o Protocolo de Kioto un ano clave. A súa entrada en vigor produciuse o 16 de febreiro. Coa súa ratificación por unanimidade no Congreso dos Deputados , España adquiriu, entre outros, o compromiso internacional de adoptar como obxectivo estratéxico o aforro e a eficiencia no consumo de enerxía.
Estrada Provincial
O concelleiro Henrique Viéitez, en nome do grupo municipal do BNG, solicitou, por medio dunha moción que o Goberno Municipal proceda a realizar un estudio , e a conseguinte posta en práctica, de ordenación do trafico, aparcamento e carga e descarga ao longo de toda a Estrada Provincial e o seu contorno. Na moción, aprobada por unanimidade, reclámase tamén que se teña en especial consideración a incidencia do tráfico e os xiros nos cruces de Quirós-Arquitecto Palacios-Estrada Provincial, Loureiro-Estrada Provincial e no tramo comprendido entre a Baixada á Salgueira e a Gran Vía.
Aprobáronse tamén as mocións presentadas polos grupo municipal do PG de instar á Xunta de Galicia a reposición da segunda unidade do 061 que tiña Vigo; as características da nova autovía Vigo-Porriño e o arranxo do parque liñal do Lagares.
A Corporación deu o visto e prace as mocións do BNG nas que se insta á Consellería de Educación para que realice obras necesarias nas instalacións do ximnasio Beade; solicitar novamente á Consellería de Medio Ambiente a sede das oficinas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O grupo municipal do PSdeG-PSOE presento tamén unha moción relativa á zona de seguridade da Comisaría de Policía na rúa Luis Taboada, que se aprobou por unanimidade.