Escoitar

Pleno da Corporación

O luns, a partir das dez horas, celebrase pleno ordinario no que se someterá a aprobación a modificación das ordenanzas fiscais para o vindeiro ano. Nesta sesión tomará posesión do seu cargo de concelleiro polo grupo municipal socialista Gonzalo Caballero Miguez.

venres, 9 set 2005
1.- Actas anteriores. (Sesións ordinarias 27.06 e 26.07.05)

2.- Toma de posesión do cargo de concelleiro de D. Gonzalo Caballero Miguez.

3.- Toma de coñecemento do escrito de renuncia ó cargo de concelleiro de D. Santiago Domínguez Olveira, do grupo municipal do BNG.

4.- Dar conta de escrito sobre nomeamento de Voceiro e Vice-Voceiro do Grupo Municipal do BNG.

ALCALDIA
5.- Dar conta de decreto da Alcaldía do 4 de agosto de 2005, nomeando presidenta e vicepresidenta da comisión informativa de Asuntos Sociais.

6.- Dar conta de decreto da Alcaldía do 4 de agosto de 2005, nomeando secretaria da comisión informativa de Medio Ambiente e Patrimonio Histórico.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
7.- Aprobación definitiva da modificación do PERI do Calvario, delimitación do seu polígono 11 e do sistema de actuación para a súa execución. Expete. 7088/411.

8.- Aprobación definitiva da modificación puntual do estudo de detalle da UE IV-02 Palencia. Expte. 9456/411.

XESTIÓN MUNICIPAL
9.- Modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de ensinanzas especiais e outras actividades en establecementos municipais.

10.- Modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos por utilización das instalacións deportivas Mmnicipais, pertencentes ó "Instituto Municipal dos Deportes".

11.- Modificación da Ordenanza Fiscal Xeral.

12.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

13.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas.

14.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou de que entenda a Administración do Concello ou a dos seus Organismos Autónomos a instancia de parte.

15.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas relativas ó servizo de yransporte urbano de viaxeiros en automóbiles lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de abono).

16.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos especiais por espectáculos e transportes.

17.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de orevención e extinción de incendios, prevención de ruinas de construccións, salvamentos e outros análogos.

18.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación dos servizos dos Cemiterios Municipais.

19.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

20.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida do lixo.

21.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de inspección sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza., que obra no presente expediente.

22.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación dos servizos de sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo, que obra no presente expediente.

23.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de limpeza de pozos negros, fosas septicas, solares, e servizos similares así como a recepción de resíduos na pranta de transferencia.

24.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

25.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de quioscos.

26.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.

27.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de licenzas para construccións, obras e instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola Administración do Concello.

28.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas por licenzas de actividades e instalacións.

29.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polos servizos que presta o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias "Vigo-Zoo" a través do seu Parque Zoolóxico.

30.- Modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

31.- Determinación da forma de xestión de seis aparcadoiros soterrados.

32.- Modificación de crédito núm. 65/05 (crédito extraordinario e suplemento de crédito) para obras de urxente realización.

33.-Modificación de crédito núm. 75/05 para adquisición de vehículo e obras no cemitario de Pereiró. Expte. 12901/301.

SERVIZOS XERAIS
34.- Regulamento municipal das instalacións de alumeado público no termo municipal de Vigo. Expte. 11329/444.

35.- Regulamento técnico municipal das obras de xardinería no termo municipal. Expte. 3158/446.

ASUNTOS SOCIAIS
36.- Denominación de rúas do plan parcial de Navia.

MOCIÓNS
37.- Moción Grupo municipal do PG instar á Xunta de Galicia a reposición da segunda unidade do 061 que tiñamos en Vigo.

38.- Moción Grupo municipal do PG relativa ás características da nova autovía Vigo-Porriño.

39.- Moción do Grupo municipal do PG instando o arranxo do parque liñal do Lagares.

40.- Moción do Grupo municipal do BNG instar á Consellería de Educación para que realice obras necesarias nas instalacións do ximnasio Beade.

41.- Moción do Grupo municipal do BNG para solicitar novamente á Consellería de Medio Ambiente a sede das oficinas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

42.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a realización dun estudo de tráfico na estrada provincial

43.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á zona de seguridade da Comisaría de Policía na rúa Luis Taboada.

44.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE de accións encamiñadas a fomentar ó aforro enerxético.

45 Rogos e preguntas.