venres, 9 set 2005
A Policía Local porá en marcha con motivo do comezo do curso escolar o seu servizo de seguridade á entrada e saída dos colexios. Ademais, a partir de outubro iniciará a campaña de educación vial dirixida aos centros de primaria da área de Vigo, na que participarán máis de 13.000 escolares.
venres, 9 set 2005
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, e o representante da asociación "A golpe de pedal", José Manuel Suarez, presentaron hoxe venres a cuarta edición da marcha ciclista "Coñece Vigo a golpe de pedal", que percorrerá as rúas da cidade o domingo 25 de setembro.
venres, 9 set 2005
"De mitos e de homes" é o título da exposición que se poderá visitar desde o luns na Casa Galega da Cultura, da pintora Teresa Prieto. A mostra é un percorrido dos cadros principais da pintora que crea un universo metade real, metade imaxinario.
venres, 9 set 2005
O luns, a partir das dez horas, celebrase pleno ordinario no que se someterá a aprobación a modificación das ordenanzas fiscais para o vindeiro ano. Nesta sesión tomará posesión do seu cargo de concelleiro polo grupo municipal socialista Gonzalo Caballero Miguez.