Técnicos municipais procurarán en Barcelona solucións para a depuradora do Lagares
Catro técnicos municipais desprazaranse a Cataluña para visitaren, o luns 12 e o martes 13 de setembro, varias depuradoras da área metropolitana de Barcelona, co fin de comprobar se as solucións adoptadas para estas infraestructuras poden servir para solucionar o problema dos malos cheiros da planta do Lagares.
Os técnicos municipais comprobarán en persoa, guiados por técnicos locais, se algunha das solucións adoptadas para as depuradoras barcelonesas pode resultar válida para o caso de Vigo. Ningún representante veciñal estará presente nesta visita.
As conclusións dos técnicos municipais servirán, xunto cos informes de Aqualia, ATC, Novotec, Ingeniería de Vertidos e outros que se poidan requerir, para completar un dictame que se debaterá no Pleno en outubro. Deste debate pode saír un acordo entre os distintos grupos políticos no que se inclúan as medidas que o Concello deberá desenvolver para acabar coas molestias causadas polo mal funcionamento da depuradora do Lagares.
O Goberno municipal xa adiantou que, para desenvolver estas medidas, buscará financiamento noutras administracións coa esperanza de obter a axuda necesaria. En todo caso, o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Figueroa, asegurou que "estamos dispostos a buscar outras fontes para resolver de maneira definitiva o problema da depuradora", en referencia á posible petición dun crédito por parte do Concello con cargo ao orzamento municipal.