venres, 16 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, visitaron as instalacións do que será o centro de día "Atalaia" que disporá de 40 prazas para persoas maiores con autonomía reducida. A visita enmarcouse nos actos que se celebraron está mañá con motivo da presenza institucional a Vigo do vicepresidente da Xunta de Galicia.
venres, 16 set 2005
Castrelos acolle, o sábado 17 e o domingo 18, a Festa Veciñal 2005, organizada pola Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao. O sábado, ademais, terá lugar en Bembrive a Festa dos Voluntarios da Asociación Cultural e Deportiva Xestas.
venres, 16 set 2005
O artesán Javier Fernández Lage, especialista en facer sellas, tamén coñecidas como baldes, fará unha demostración en vivo do seu saber tradicional sobre a madeira , a fin de semana na Casa das Artes. Esta demostración ven formar parte da actividade "un fin se semán cos artesáns" complementaria da exposición Beleza e Utilidade Artesanía Tradicional en Galiza.
venres, 16 set 2005
A concellería de Mobilidade e Seguridade convoca un concurso de redacción para escolares con nome "A rúa sen coches" con motivo da celebración o próximo día 22 da iniciativa europea "A cidade sen o meu coche". O concurso conta coa colaboración de El Corte Inglés.
Anuncio Mobilidade e Seguridade
venres, 16 set 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización dos arredores da Praza de Compostela quedarán pechadas ao tráfico as rúas Carral e Marqués de Valladares, con acceso exclusivo para residentes, a partir do luns 19 de setembro de 2005 ás 00:00 horas.