Retratos de deportistas no Arquivo Pacheco
O Arquivo Pacheco inaugura unha exposición de retratos de deportistas co fin de que o público participe no proceso de identificación das imaxes.
Mais de 350 fotografías de retratos de deportistas individuais e de equipos poderán consultarse dende hoxe no Arquivo Pacheco, situado na Casa das Artes. Esta exposición forma parte da actividade "A Galería" na que se poñen a disposición do público os fondos do Arquivo centrados no retrato en diferentes apartados –imaxes individuais nun primeiro plano ou de corpo enteiro, familias, grupos ou nenos).
No Arquivo Pacheco o deporte supón unha disciplina de relevante importancia. Os deportistas inmortalizáronse tanto en fotografías de exteriores como nos innumerables retratos de estudo. O deporte que abrangue maior número de instantáneas fotográficas é o fútbol e particularmente os futbolistas. Dende os anos vinte, os xogadores do Celta foron protagonistas no estudo Pacheco. Outros deportes que destacan dentro do Arquivo son fotos de ciclismo, baloncesto, hóckey, atletismo, tenis.
A exposición consta de máis de 3.135 imaxes datadas dende 1890 ata a década dos anos trinta do século XX, e permite que o público participe no proceso de identificación das imaxes que aínda non teñen sido documentadas.
Nestes momentos o total de fotografías recoñecidas de "A Galería" é de 177 e o número de persoas que recoñeceron fotografías é de 240.
O horario da exposición é de luns a venres de 10.00 a 13 horas e de 18.30 a 20.30 horas; sánados de 11.00 a 13.30 horas.