Escoitar

Inicio das actividades do proxecto "Conta con elas"

O comité do proxecto "Conta con Elas" da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, presidido pola concelleira Lucía Molares, reunirase o xoves por primeira vez para analizar ás actividades que se están a desenvolver e a programación de actividades para o ano 2006.O Proxecto dedícase a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e apoiar a eliminación da segregación no traballo no territorio da Mancomunidade.

mércores, 14 set 2005
1126698872valla.jpg
O proxecto "Conta con elas" enmárcase na inicitiva comunitaria Equal, dedicada a fomentar a cooperación transnacional para promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no mercado de traballo. O Proxecto Conta con elas dedícase a promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e apoiar a eliminación da segregación no traballo no territorio da Mancomunidade.

O obxectivo xeral do proxecto Conta con elas é a diminución da segregación laboral no emprego mediante unha intensa tarefa de sensibilización desenvolvida a tres niveis: socioeducativo, institucional e empresarial-laboral, co fin de facilitar a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres en sectores de actividade e ocupacións masculinizados.

O eixo central do proxecto é impulsar e favorecer o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo. Esta formulación parte do diagnóstico derivado da análise da situación do territorio que mostra un elevado nivel de discriminación laboral feminina.

Dadas as características das entidades socias desta AD, considérase necesaria a presenza física descentralizada no territorio da MAIV a través de 3 centros antena territoriais e 3 sectoriais que estarán conectados coa central de xestión de Conta con elas e apoiados pola presenza do Bus da igualdade. Estes dispositivos apoiarán o conxunto de accións a desenvolver que se estruturarán en liñas de actuación organizadas en sensibilización social e educativa, sensibilización institucional e sensibilización empresarial e laboral.

Ademais destas liñas de actuación nacionais existe unha DIMENSIÓN TRANSNACIONAL a realizar con outras agrupacións de desenvolvemento de países da UE ( Portugal, Italia e Francia).

O calendario previsto no proxecto é dende agosto de 2005 ata decembro do 2007.

Forman parte do Proxecto a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, como entidade pública responsable do Proxecto, e participan como entidades promotoras os sindicatos UGT, CCOO e CIG; a CEP, a Fundación Caixanova, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes