Escoitar

O segundo acceso entre Peinador e o IFEVI estará construido nun mes

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, en calidade de presidenta do IFEVI, asinou un convenio de colaboración co presidente da Deputación Provincial , Rafael Louzán, para a construcción do segundo acceso entre o aeroporto de Peinador e o recinto feiral e que quedará rematado antes dun mes. <br />

martes, 13 set 2005
1126684120ifevi2.jpeg
O convenio hoxe asinado establece que a Deputación destinará unha partida de 294.000 euros para financiar as obras do segundo acceso entre Peinador e o Ifevi. Trátase dun vial que terá unha lonxitude de 180 metros con dous carrís de circulación e dous paseos peonís laterais. Asemade, contará cos servizos de recollida de augas pluviais e de alumeado. Do mesmo xeito, debido ós desniveis existentes no terreo, será preciso construír muros de acompañamento de formigón armado. Tamén está previsto executar dous viais laterais que dan acceso ás propiedades lindeiras e que se situarán en distintos niveis da estrada.

Este segundo acceso partirá dende a glorieta do aeroporto e desembocará na parte posterior do IFEVI, onde se atopan as áreas de exposición e os almacéns. O obxecto deste novo vial é a súa utilización por vehículos pesados para así desconxestionar o vial existente, ademais de conseguir un acceso traseiro ás instalacións de Cotogrande para facilitar as tarefas de carga e descarga de mercadorías.

Respecto á pasarela de acceso a Peinador, Louzán informou que a institución provincial está disposta a colaborar na súa construcción, así como no proxecto da alcaldesa, Corina Porro, de realizar un aparcamento conxunto para o Ifevi e Peinador.
Descargar todas as imaxes